Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas

Aviso Legal

A entidade titular do presente sitio web é O Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, adscrito ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

O deseño e estrutura de navegación están baseados na "Guía para a edición e publicación das páxinas web da Administración Xeral do Estado".

Prohíbese a reprodución total ou parcial dos contidos desta web sen citar a súa orixe ou solicitar autorización.

A información e contidos desta web non poderá ser alegada en procesos contraditorios coa Administración Pública, non asumindo responsabilidade ningunha polas discrepancias que puidesen existir entre os documentos imprimidos da Administración competente e a publicación electrónica destas páxinas.

Os datos solicitados nos servizos de caixas de correo e consultas non conteñen datos persoais, nin o usuario debe proporcionalos para utilizar as funcionalidades e ferramentas postas a disposición. A información obtida a través das caixas de correo contidas nestas páxinas ten carácter simplemente informativo, sen que en ningún caso poida derivarse dela efecto xurídico vinculante ningún (Real decreto 208/1996, art.4 b)