Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas
Imagen: .

O Instituto

O Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, é un Organismo Autónomo, adscrito ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, presidido polo Secretario Xeral de Enerxía.

Foi creado mediante a Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social.

Dotado de personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, é o órgano xestor do "réxime de axudas para a minaría do carbón e o desenvolvemento alternativo das zonas mineiras".

Toda a súa actividade xira ao redor de conseguir os dous grandes obxectivos marcados:

  • Executar a política de reestruturación da minaría do carbón.
  • Desenvolver e executar medidas que fomenten o desenvolvemento económico daquelas zonas consideradas municipios mineiros do carbón.