Goberno de EspañaIr a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova)Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas
.

Proxectos Xeradores de Emprego

No Plan Nacional de Reserva Estratéxica de Carbón 2006 - 2012 e Novo Modelo de Desenvolvemento Integral e Sostible das Comarcas Mineiras prevense diferentes actuacións destinadas á promoción de actividades económicas alternativas á minaría do carbón.

Por iso, formúlanse tres liñas de actuación orientadas a:

  • Xerar fondos para capital risco, na medida do posible, en colaboración con entidades privadas e reforzar os criterios profesionais na xestión dos fondos.
  • Crear unha nova liña de axudas, coa colaboración dos sindicatos asinantes do Plan, prevendo accións como capital semente, préstamos ao 50%, etc. destinadas a proxectos de pequena entidade, sobre a base de financiar con micropréstamos sen xuro o seu desenvolvemento nos municipios máis afectados pola reestruturación da minaría do carbón (os clasificados como integrantes do Grupo I).
  • Manter e reforzar a liña de axudas a proxectos empresariais (posta en marcha co anterior Plan da Minaría), incrementando as actividades susceptibles de axuda, especialmente en relación cos servizos industriais de apoio a empresas, os servizos asistenciais sanitarios, o ocio e o tempo libre, e mantendo o impulso da innovación e o desenvolvemento de novas tecnoloxías.

É preciso considerar que, na aplicación das novas actuacións de reactivación, se pretende practicar unha discriminación positiva a favor daqueles municipios pertencentes ao Grupo I, pola súa condición de municipios máis afectados pola reestruturación da minaría do carbón.

Para iso, cada ano faise necesaria a convocatoria de axudas específicas como: