O Plan Nacional de Reserva Estratéxica de Carbón 2006-2012 e Novo Modelo de Desenvolvemento Integral e Sostible das Comarcas Mineiras ten, entre outros, os seguintes obxectivos:
Os carbóns contemplados son os previstos no Regulamento europeo (Hulla, Antracita e Lignito negro).
A sinatura do citado plan estratéxico establece o compromiso de cubrir total ou parcialmente as perdas da produción corrente das empresas produtoras de carbón autóctono destinado á xeración de electricidade.
A necesaria adecuación ao novo Plan do Carbón, esixe a aprobación dunha norma para cada unha das axudas, que establezan as bases reguladoras para os sucesivos exercicios.
Como consecuencia de todo iso, faise necesario regular a devandita cobertura con convocatorias específicas para cada unha das axudas, con periodicidade anual e que determinen a resolución destas.
O mencionado Plan recoñece dous tipos de axudas, directas e indirectas.