Goberno de EspañaIr a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova)Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas
  • Inicio
  • » reestructuración da minería
.

Reestruturación da Minería

En España o consenso sobre as axudas públicas ao carbón alcanzouse a través do Plan da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e regulouse mediante o Real decreto 2020/1997, do 26 de decembro, polo que se establece un réxime de axudas para a minaría do carbón e o desenvolvemento alternativo das zonas mineiras.

Actualmente, tras a finalización do tratado CECA en xullo de 2002, o marco actual no que se desenvolve o funcionamento e a reestruturación da minaría do carbón é o Regulamento (CE) núm. 1407/2002 do Consello, do 23 de xullo de 2002, sobre axudas estatais á industria do carbón.

O devandito regulamento ten en conta os seguintes aspectos importantes:

  • As repercusións sociais e rexionais relacionadas coa redución da actividade.
  • A necesidade do mantemento, como medida de precaución, dunha cantidade mínima de produción de carbón autóctono que permita garantir o acceso ás reservas.
  • A cobertura de cargas excepcionais non relacionadas coa produción corrente ("cargas herdadas do pasado").

Ao abeiro deste marco normativo iniciouse un proceso de diálogo social que concluíu coa sinatura do novo plan estratéxico, Plan Nacional de Reserva Estratéxica de Carbón 2006-2012 e Novo Modelo de Desenvolvemento Integral e Sostible das Comarcas Mineiras.