Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas

Axudas ao desenvolvemento de infraestruturas

Denominación da axuda

Axudas para o desenvolvemento de infraestruturas e de restauración de zonas degradadas a causa da actividade mineira.

Obxecto

Axudas de concesión directa orientadas a fomentar o desenvolvemento alternativo das bisbarras mineiras do carbón, mediante a execución de proxectos de infraestruturas e de restauración de zonas degradadas a causa da actividade mineira.

Descrición

Estas axudas ao desenvolvemento de infraestruturas e de restauración de zonas degradadas a causa da actividade mineira créanse co obxecto de incentivar o desenvolvemento alternativo á minería do carbón e financiar actuacións coherentes e complementarias coa planificación rexional e local, adicionalmente ao esforzo investidor das comunidades autónomas e Goberno central.

Poderán financiarse as seguintes actuacións:

-a) Actuacións de infraestruturas:

  • Melloras en polígonos industriais xa existentes
  • Dotación e mellora das liñas de telecomunicación, optimización e diversificación enerxética en edificacións públicas.
  • Creación e equipamento de viveiros de empresas e centros de desenvolvemento tecnolóxico.

b) Actuacións de restauración:

  • Mellora, restauración, recuperación e revalorización de entulleiras, zonas degradadas e espazos afectados polas explotacións mineiras do carbón.
  • Recuperacións forestais e tratamentos silvícolas de zonas degradadas por actividades mineiras.
  • Actuacións relacionadas co saneamento atmosférico dirixidas a unha mellora da calidade do aire e dos niveis sonoros, ademais da mellora de estacións de depuración de augas residuais.

Beneficiarios

Serán beneficiarios destas axudas os municipios mineiros das Comunidades Autónomas de Aragón, Castela-A Mancha, Castela e León e o Principado de Asturias.

Con carácter excepcional, poderanse considerar actuacións concretas nos municipios afectados pola minería do carbón das Comunidades Autónomas de Andalucía, Cataluña e Galicia.

Ligazóns de interese

Información

Tel.: (+34) 91 349 74 52
infrairmc@minetad.es