Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas

Axudas mínimas proxectos empresariais

Denominación da axuda

Axudas dirixidas a pequenos proxectos empresariais xeradores de emprego, que promovan o desenvolvemento alternativo das zonas mineiras.

Obxecto

Estas axudas teñen por obxecto promover a localización de pequenos proxectos de investimento empresarial nas zonas afectadas pola reestruturación da minería do carbón e a súa contorna co fin último de xerar actividades económicas alternativas á minería do carbón.

Descrición

Estas axudas están destinadas a financiar pequenos proxectos de investimento empresarial xeradores de emprego pertencentes a todas as actividades económicas desenvolvidas en calquera dos municipios incluídos no ámbito territorial obxecto do plan, coas excepcións que se establezan nas bases reguladoras.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os pequenos proxectos de investimento empresarial que se localicen nos municipios afectados pola reestruturación e modernización da minería do carbón, coas limitacións que se deriven do novo mapa de axudas rexionais, para o período 2014-2018.

Ligazóns de interese

Información

Tel.: (+34) 91 349 74 53
proyirmc@minetur.es