Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas

Axudas a proxectos empresariais

Denominación da axuda

Axudas a proxectos empresariais xeradores de emprego, que promovan o desenvolvemento alternativo das zonas mineiras.

Obxecto

Estas axudas teñen por obxecto promover a localización de proxectos de investimento empresarial nas zonas afectadas pola reestruturación da minería do carbón e a súa contorna co fin último de xerar actividades económicas alternativas á minería do carbón.

Descrición

Estas axudas están destinadas a financiar proxectos de investimento empresarial xeradores de emprego, pertencentes a todas as actividades económicas susceptibles de recibir axudas, de acordo coa normativa nacional e comunitaria aplicable, coas excepcións que se establezan nas bases reguladoras.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta axuda os proxectos de investimento empresarial que se localicen nos municipios afectados pola reestruturación e modernización da minería do carbón, coas limitacións que se deriven do novo mapa de axudas rexionais, para o período 2014-2018.

Ligazóns de interese

Información

Tel.: (+34) 91 349 74 53
proyirmc@minetad.es