Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas

Axudas por Custos Derivados de Labores de Cesamento, Abandono e Rehabilitación

Denominación da axuda

Axudas por custos derivados de labores de cesamento, abandono e rehabilitación.

Obxecto

A concesión directa das axudas destinadas a asegurar a efectiva realización dos labores de cesamento e abandono, así como a rehabilitación ambiental de antigas zonas de extracción de carbón das empresas mineiras, incluíndo a cobertura dos gastos correntes directos asociados e da subvención polo montante dos custos salariais e de cotización á Seguridade Social do persoal das empresas mineiras encargado deses labores. A cobertura deses gastos e custos ten como límite temporal o prazo máximo de dous anos dende o cesamento efectivo da unidade de produción e como contía máxima, o tope previsto na norma.

Descrición

A necesidade de atenuar as consecuencias que se derivan do proceso de reestruturación e racionalización, xustifica a existencia das axudas á cobertura de cargas excepcionais.

As especiais circunstancias económicas das empresas mineiras en proceso de peche poden chegar a dificultar o outorgamento e pagamento das subvencións previstas a este fin. Nestes supostos o interese público require que se asegure a realización dos labores de cesamento, abandono e rehabilitación de terreos afectados por anos de labores de extracción, financiando os gastos correntes asociados, así como os custos salariais e as cotizacións sociais dos traballadores que leven a cabo esas tarefas.

As empresas mineiras do carbón presentarán un plan de cesamento e abandono, con expresa mención dos gastos correntes asociados, e unha relación nominal dos traballadores que participen na súa efectiva realización. Deberá acreditarse, ademais, a súa condición de traballadores con contrato laboral na empresa solicitante con antigüidade anterior ao peche efectivo da unidade de produción.

Beneficiarios

As empresas mineiras que teñan ou tivesen axudas destinadas a cubrir perdas da produción corrente e se declarasen insolventes en calquera procedemento ou se achen en concurso ou liquidación.

Os traballadores, na medida que participen efectivamente neses labores, pola parte da subvención correspondente aos custos salariais e de cotización á Seguridade Social.

Normativa aplicable

Información

TEL: (034) 913 497 448
reestructuracionirmc@mityc.es