Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas

Axudas baixas indemnizadas

Denominación da axuda

Axudas sociais por custos laborais mediante baixas indemnizadas

Obxecto

Axudas ás empresas que leven ou levaran a cabo unha actividade relacionada coa produción do carbón, co fin de que poidan cubrir certos custos derivados da extinción dos contratos de traballo dos seus empregados como consecuencia do peche de unidades de produción de carbón destinadas á xeración eléctrica, incluídas no Plan de peche do Reino de España para a minería de carbón non competitiva, segundo o acordado no marco de Actuación para a Minería do Carbón e as Bisbarras Mineiras no período 2013 a 2018.

Descrición

As axudas sociais por custos laborais mediante baixas indemnizadas teñen como finalidade aliviar as consecuencias sociais e rexionais do peche das minas, de acordo co previsto na Decisión 2010/787/UE do Consello, do 10 de decembro de 2010, relativa ás axudas estatais destinadas a facilitar o peche de minas non competitivas.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das axudas as empresas que se beneficien ou se beneficiaran de axudas ao peche, previstas no artigo 3 da Decisión 2010/787/UE do Consello, do 10 de decembro de 2010, e que pecharan ou estean a pechar unidades de produción de carbón que formen parte do Plan de peche do Reino de España para a minería de carbón non competitiva, con estrita suxeición aos requisitos e condicións previstas en cada caso.

Estas axudas non serán aplicables ás empresas públicas mineiras do carbón que actúan baixo a forma de sociedades mercantís estatais.

Poderanse acoller voluntariamente á baixa indemnizada os traballadores das empresas mineiras susceptibles de ser beneficiarias destas axudas, cando así o soliciten as súas empresas, sempre que se acrediten unha serie de requisitos obxectivos que se recollen na norma reguladora.

Ligazóns de interese

Normativa Vigente

Descarga de Impresos

Información:

Tel.: (+34) 91 349 74 48
plansocialirmc@minetur.es