Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas

Axudas ao Desenvolvemento de Infraestruturas

Denominación da axuda

Axudas para o desenvolvemento de infraestruturas nas comarcas mineiras do carbón.

Obxecto

Desenvolver infraestruturas como substrato do crecemento económico alternativo das comarcas mineiras.

Descrición

A reordenación do sector da minaría do carbón produce un impacto social e rexional considerable, que deberá ser minimizado co apoio a proxectos empresariais, que sexan alternativa á histórica dependencia do carbón das comarcas mineiras.

Para que eses proxectos teñan viabilidade, será imprescindible que as zonas onde se instalen estean dotadas de infraestruturas axeitadas que estimulen o asentamento.

As devanditas infraestruturas abranguerán dende a mellora das comunicacións, que achegue ás poboacións dispersas actualmente en pequenos núcleos, ao coidado do ambiente aínda deteriorado pola existencia de entulleiras, ceos abertos sen restaurar e restos de antigas explotacións.

A selección de actuacións de infraestrutura a executar ha de ser coherente e complementaria coa planificación rexional e local e adicional ao esforzo investidor de Comunidades Autónomas e Goberno Central.

O Instituto dispón dos seus propios estudos e avaliacións que lle axudan a seleccionar e priorizar as actuacións nas que intervén.

Beneficiarios

Non hai un beneficiario concreto. Trátase de infraestruturas de titularidade pública, xa sexa estatais, rexionais ou locais.

Normativa aplicable

Información

TEL: (034) 913 497 468
infrairmc@minetad.es