Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas

Axudas á Industria Mineira do Carbón

Denominación da Axuda

Axudas á Industria Mineira do Carbón

Obxecto

Axudas a unidades de produción de carbón en actividade con anterioridade ao 31 de decembro de 2009 e destinadas especificamente a cubrir perdas da produción corrente das unidades de produción.

Descrición

As axudas están dirixidas a cubrir, total ou parcialmente, as perdas da produción corrente de empresas mineiras con unidades de produción inscritas no Plan de peche, de acordo co previsto no artigo 3.1 da Decisión 2010/787/UE do Consello, do 10 de decembro, e sen que poidan superar a diferenza entre o custo de produción previsible e o ingreso previsible para un exercicio carboeiro.

Beneficiarios

Serán beneficiarios das axudas as empresas dedicadas á extracción de carbón térmico destinado á xeración eléctrica que pechen unidades de produción segundo o previsto no artigo 3 da Decisión 2010/787/UE do Consello, de 10 de decembro de 2010, relativa ás axudas estatais destinadas a facilitar o peche de minas non competitivas.

Ligazóns de interese

Información

Tel.: (+34) 91 349 48 38
mineriairmc@minetad.es