Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas

Axudas por Prexubilacións

Denominación da axuda

Axudas por custos laborais mediante prexubilacións.

Obxecto

Regulación da concesión directa das axudas por custos laborais mediante prexubilacións, destinadas a cubrir cargas excepcionais vinculadas a plans de racionalización e reestruturación da actividade das empresas mineiras do carbón.

Descrición

Os plans de reestruturación e racionalización da industria do carbón levan consigo unha gran repercusión social, que se traduce nos custos sociais que supoñen as prexubilacións dos traballadores nas empresas do sector.

Ao obxecto de paliar a repercusión económica e social destas prexubilacións, nacen estas axudas.

As axudas por custos laborais mediante prexubilacións presentan as seguintes características:

  • Realízanse mediante a subrogación do Instituto nas obrigas indemnizatorias adquiridas polas empresas.
  • Outórganse en réxime de concesión directa
  • Por solicitude das empresas interesadas
  • Logo de cumprimento dos requisitos establecidos na norma

Beneficiarios

As empresas mineiras privadas que teñan ou tivesen axudas destinadas a cubrir perdas da produción corrente.

Normativa aplicable

Información:

TEL: (034) 913 497 448
reestructuracionirmc@mityc.es