Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas
Imagen: .

MARCO DE ACTUACIÓN PARA A MINARÍA DO CARBÓN E AS BISBARRAS MINEIRAS NO PERÍODO 2013-2018

O Novo Marco de Actuación 2013-2018 configúrase como o instrumento de planificación das políticas públicas de reordenación do sector da minaría do carbón e promoción dunha economía alternativa nas zonas mineiras no escenario establecido pola Decisión do Consello, do 10 de decembro de 2010, relativa ás axudas estatais destinadas a facilitar o peche de minas non competitivas, e son de destacar os seguintes grandes obxectivos que se perseguen:

  • Favorecer o mantemento dunha produción de carbón autóctono competitiva que permita garantir certo nivel de produción de electricidade que, apoiando a seguridade de subministración, contribúa ao desenvolvemento das fontes de enerxías renovables.
  • Asegurar unha participación suficiente do carbón nacional no mix de xeración eléctrica, dentro dos límites establecidos pola normativa europea, e para todo o período cuberto por este Marco.
  • Canalizar un cesamento ordenado das minas de carbón non competitivas e atenuar o impacto que produce a perda de postos de traballo, así como a súa repercusión na economía rexional.
  • Fomentar o desenvolvemento de proxectos empresariais xeradores de emprego e o apoio á creación de infraestruturas vinculadas a estes, á vez que se incentiva a contratación dos traballadores desempregados como consecuencia do cesamento da explotación mineira.