Goberno de España Ir a Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (ábrese en ventá nova) Reestruturación da Minería, Reactivación das Comarcas
Imagen: .

Comarcas Mineiras

Son as que están constituídas polos municipios que integran o ámbito de aplicación do Plan Nacional de Reserva Estratéxica de Carbón 2006-2012 e Novo Modelo de Desenvolvemento Integral e Sostible das Comarcas Mineiras, sobre os que se pactou unha nova clasificación, para os efectos de facilitar a aplicación de medidas de discriminación positiva, nos seguintes termos:

  • Grupo 1. - Municipios mineiros moi afectados pola reestruturación da minaría do carbón.
  • Grupo 2. - Municipios mineiros afectados pola reestruturación da minaría do carbón que resultan limítrofes aos do Grupo 1.
  • Grupo 3. - Resto de municipios que resulta dalgún xeito afectado pola reestruturación da minaría do carbón e que, despois de estar incluídos no plan 1998-2005 da minaría do carbón, non está agora incluído en ningún dos grupos anteriores.

A relación de municipios incluídos en cada un dos tres grupos encóntrase no mapa de municipios desta Web, e no anexo VI do "Plan do Carbón".